domingo, 21 de noviembre de 2010

9ª Xornada Muros SD-Coristanco SD

 Bueno, pois en primeiro lugar pedir perdon a todos os nosos seguidores, pola falta de informacion posta neste tempo todo ata o de agora, de agora en diante intentaremos ter todos o partidos o dia, por pequenos problemas ata agora nn puxemos nada, pero agora poñeremos os partidos, que mellor maneira de retomar o mando que narrando este partido tan bo que relizou o equipo que cunha victoria, nada mais e nada menos que os primeiros tres puntos da tempada mais que merecidos, enfrontamento directo o que se disputou o pasado sabado no Municipal de Miraflores, partido moi importante po equipo Muradano.
Comeza o partido marcado por dous factores un polo climatoloxico, no primeiros intres de partido unha fortisima choiva/granizada azotaba con gran forza a localidade de Muros, e outro factor o ritmo frenetico co que se iniciou o partido por parte dos dous conxuntos, este ritmo nn beneficiaba para nada o equipo local, e pronto se viron as consecuencias. Os 10 min de comezar o partido, o Coristanco poñiase por diante no marcador, depois dun tiro algo frouxo pero que se comeu o porteiro local e foi o fondo da porteria. A partir deste intre o equipo local colleu o mando, foise o ataque cun xogo elaborado, e creando moito perigo polas bandas, o Coristanco non pudo facer nada. Varias xogadas pola banda con tiros moi cercanoso gol poñian en duda que o conxunto visitante puidera aguantar o resultado. Unha falta no medio da zaga, que tiraba o lateral dereito, iria dereita o largueiro, e colleria o rexeite o dianteiro, pero cando se dispoñia a lanzar esvarou e non pudo meter o gol, pouco mais na primeira parte, tan so destacar a lesion de Mancebo o final da primeira parte, que tubo un corte na cara e tubo que abandoar o terreo de xogo e desplazarse o centro medico para que lle realizaran  unha sutura. Comezaba a segunda metade, Na segunda metade o Muros foi o gran dominador do encontro. Creou multitude de ocasions e provocou moitos saques dende o curruncho. A mediados desa segunda metade, unha gran xogada do conxunto local no que Aaron se foi só pola banda, tirou, o porteiro rexeitouna pero Piky, avispado coma nunca recolleu ese balón e mandouno ó fondo da rede. Pouco despois chegaría o gol de Juanma, de falta directa. Tirou con forza por debaixo da barreira e ó porteiro coloulle entre as pernas. A partir de ahi o Muros seguiu atacando pero o conxunto visitante quixo reaccionar e puxo en perigo varias veces a porteria defendida por Javi, pero a defensa non permitiu que se materializara ningún gol do Coristanco. Pouco despois comezaron a facerse trocos, coa intencion de perder tempo. Case ó final do encontro, nunha xogada de corner, Sergio teria na súa cabeza marcar o terceiro gol, pero un defensa visitante despexaria o balon xusto debaixo dos paus. Co pitido final, os xogadores muradans celebraron a primeira vitoria da tempada con moita alegria.

O Mellor do Muros.
Os xogadores non perderon a esperanza da remontada e moralizaronse mais coa lesion de Mancebo.

O Peor do Muros.
O primeiro gol. Evitable.

A Clave.
A segunda metade, practicamente sen erros.

A Polemica.
Sen polemica.

O Colexiado
Boa actuacion do xoven colexiado que realizou unha boa arbitraxe.

A anecdota
A celebracion de Piky no seu gol.

Pincha aqui para ver clasificacion

No hay comentarios:

Publicar un comentario